Coidado de maiores

Coidado de maiores

Cando as limitacións da edade se fan manifestas, unha simple ducha pode ser un gran reto. Non importa que nivel de asistencia necesite o teu ser querido porque os nosos coidadores, cualificados e ca experiencia necesaria, proporcionarán toda a atención e coidados ó maior, permitindo unha mellor organización do tempo ás familias.
O coidado de persoas (Coidado de Maiores) no seu Domicilio ou no Hospital constitue un dos servizos máis demandados polos usuarios. Garantizamos unha atención personalizada na prestación dos seguintes servizos:

  • Asistencia para vestirse e arreglarse
  • Aseo en cama ou baño/ducha
  • Acompañamento ó cuarto de baño
  • Cambio de pañal
  • Hidratación da pel
  • Masaxes nas pernas
  • Hixiene bucal
  • Afeitado
  • Seguimento de medicación
  • Organización e coidado do domicilio
  • Socialización
  • Estimulación cognitiva

Contamos con un equipo de profesionais experimentados nos sectores de Enfermería, Xeriatría, Auxiliar de clínica, con ampla experiencia no coidado de maiores (axuda a maiores) e enfermos, para adaptarnos ás necesidades individuais de cada usuario no seu día a día:

  • Internas 24H
  • Externas
  • Fins de Semana
  • Festivos
Back To Top