Quen somos

A nosa historia

Edades Compostela é un proxecto que comezou a xestarse durante unha cea familiar na nosa casa de Santiago, unha noite moi especial de abril de 2014. A nosa idea de empresa implicaba necesariamente traspasar os límites dun negocio convencional; queríamos realizar unha contribución real á sociedade e pensamos instintivamente no coidado dos seres queridos máis vulnerables: os nosos nenos e maiores. Para conseguilo, cada un de nós (Bea, Sonia, Ivan e Isa) aportamos á iniciativa o mellor das nosas diferentes experiencias profesionais, pero sobre todo o nosos entusiasmo persoal.
É menester mencionar, eso sí, que fomos orientados na boa senda polo nosos compañeiros de Edades León “Gracias Pepe e Cía.”, quenes atesouran gran experiencia no sector. E sempre contamos, en cada paso do camiño, ca motivación que nos inspira o recordo dos nosos pais.
En moi pouco tempo tramitamos telemáticamente o papeleo para a constitución da empresa, alquilamos un pequeno local en Santiago de Compostela, e abrimos alí unha oficina modesta, ainda que resultona. Comezamos como comezan tantos e tantos negocios familiares, dando pasos pequenos. Ainda recordamos con nostalxia, eso sí, os nervios do momento no que sonou por primera vez o teléfono.
Ese primeiro cliente segue contando con EDADES Compostela 5 anos despois (non hai maior recompensa para nós) e naquela pintoresca e diminuta oficina amontonanse sos recordos.
Dende entón fomos aumentando os nosos servizos de atención a domicilio de maneira sostida, requerindo para esto a contratación de unha “grandísima” plantilla, non só en número senon en canto a valor humano e profesional. Actualmente coidamos a decenas de persoas nos seus domicilios en Santiago e queremos seguir incrementando a nosa presencia nos concellos veciños.

Qué facemos

Algo tan marabilloso como coidar ós que máis o precisan.
Prestamos unha grande variedade de servizos asistenciais a domicilio: Coidado de maiores e pequenos, así como de persoas con algún grao de dependencia, servizo doméstico, acompañamento hospitalario e cualquiera outro tipo de axuda no fogar.
Eleximos meticulosamente ós profesionais máis cualificados para a prestación dos nosos servizos, sempre de maneira individualizada e conforme ás necesidades e especificacións de cada cliente.
Dispoñemos de productos de apoio (tamén denominadas “axudas técnicas”) para a adaptación do entorno ás personas con necesidades especiais: Cadeiras de rodas, camas articuladas, andadores, grúas, etc.

Back To Top